Thursday 09 de May de 2024

Quince veciñas de Frades participan nun curso de confección e patronaxe


Un total de quince veciñas de Frades veñen de iniciar un curso de costura de 24 horas de formación no que adquirirán coñecementos básicos sobre as diversas técnicas de confección e patronaxe. Unha acción formativa organizada polo Concello de Frades e que terá lugar os martes e venres deste mes de xullo no multiúsos fradense. Un curso que está a ser impartido pola empresa Servizos Integrais de Formación, que xa ten impartido con éxito cursos de cociña nas distintas parroquias do municipio.